CORAL POLIFÓNICA EIXIL
DE CEDEIRA (A CORUÑA)











coraleixilcedeira@gmail.com


DIRECTOR

   Dende o ano 1997 leva a batuta da Coral Eixil o prestixioso músico, especialista en acordeón, don Francisco Javier Díaz Carrasco.

   O ovetense Javier Díaz Carrasco cursou os seus estudos musicais no Conservatorio Superior de música de Oviedo,  rematando a súa carreira como profesor na especialidade de acordeón no Conservatorio Superior de Barcelona.Na cidade condal tamén realizou cursos de dirección e técnica vocal, impartidos polo prestixioso profesor de canto do Conservatorio do Liceo de Barcelona, Albert Royert. Estuda Técnica e Dirección Coral no Conservatorio Superior de Madrid. No Conservatorio Superior de San Sebastián perfecciona os estudos de acordeón cromático con A.Santano, primeiro catedrático en España da especialidade de acordeón.

   Na actualidade é profesor de acordeón na Escola Municipal de Música de Cedeira donde forma grupos de acordeonistas que logran grandes premios a nivel nacional e europeo. Ademáis, as súas actividades musicais repártense entre as colaboracións cos principais solistas e agrupacións da musica galega e a dirección da Coral Eixil coa que obtivo importantes premios en diversos eventos ,polas súas propias composicións e interpretacións .